Pois rematou! O Torneo de Reis organizado polos nosos clubes, SCD Milagrosa e AD Ferroviaria, chegou a súa fin.
Foron tres días intensos, dende o luns, onde saíron con billete para a final dende a Mariña Lucense, a AD Río Ouro e en representación da nosa cidade conseguiu pasar a ADC Piringalla, final que o mércores solventouse con victoria para os capitalinos alzándose co trofeo de campións Prebenxamíns
Na quenda do martes e mañá do mércores, tras partidos verdadeiramente impresionantes cheos de goles, bo xogo e sobretodo compañeirismo, foise debuxando un cadro final que comezou no turno da tarde.
A mesma mañá do mércores tras uns partidos moi igualados representando a tres provincias galegas, EFF Rosalía de Ourense, Victoria CF da Coruña e SCD Milagrosa, enfrontáronse entre sí para escoller ás raíñas do Torneo que finalmente foron ás coruñesas. Nunha final que tiveron controlada dende algo antes do descanso, o Victoria venceu ás Milagrosistas e recolleu así, o trofeo como campioas femininas.
O cadro final, xa no turno da tarde do mércores, deixóunos un derbi da capital onde tras sendas tandas de penaltis ás EF Polvorín e o CD Lugo dábanse cita na final Benxamín do torneo. Nun encontro correoso e pelexado finalmente foi o CD Lugo quen coroouse campión.
E para rematar xa na categoría de Alevíns e tamén tras agónicas tandas de penalti, déronse cita na final, como ocorrera na categoría prebenxamín, un equipo capitalino e un mariñano, así, a SD Viveiro enfrontouse á SDC Residencia, nunha moi desputada final o trofeo marchou para a zona costeira xa que os viveirenses viñeron tomar a capital, o trofeo e «vengar» a seus veciños de O Valadouro que perderan minutos antes.
Dende a organización queremos agradecer, a todos os equipos, a seus xogadores e tamén ós corpos técnicos a súa participación e desempeño.
Tamén ó colexio de árbitros e ás colexiadas e colexiados por velar por unha correcta aplicación do regramento e por coidar a integridade de todos os pequenos e pequenas.
Por último, queremos facer unha mención especial para Iván Dobarrio adestrador desta entidade que levou adiante a sempre difícil tarefa de organizar o torneo e por suposto a todo seu equipo de adestradores e xogadores do propio clube que desinteresadamente fixeron todo o que estivo nas súas mans para o correcto desenvolvemento do torneo.
Grazas a todas e todos, vémonos na seguinte!
Equipo de Comunicación